A labor dos que traballamos en ciencia ademáis de facer descubrimentos e a de formar novos investigadores e dar a coñecer o noso traballo, e por isto polo que gosto de facer divulgación científica. Estudei Bioloxía na Universidade de Santiago de Compostela. Fixen a miña tesis doctoral coa Dra Adela G. de la Campa no Instituto de Salud Carlos III en Madrid onde estudei a resistencia os antibióticos "fluoroquinolonas" do patóxeno humano Streptococcus pneumoniae. Cando rematei a tese marchei a os EEUU onde fiquei cinco anos no laboratorio da Dra. Michele Swanson na Universidade de Míchigan estudando o patóxeno Legionella pneumoniae. O remate deste periodo voltei para A Coruña onde traballo en colaboración co investigador Germán Bou estudando a bacteria Acinetobacter baumannii, unha bacteria prácticamente resistente a tódolos antibióticos. A gravidade das infeccións causadas por estas superbacterias foi o que me animou a concienciar sobre o mal uso dos antibióticos. O ano 2006 grazas o programa Diverciencia realizou a obra de teatro “Antibióticos”. O ano 2009 foi colaborador do programa de Radio Galega Efervesciencia onde mantiña a sección “Circo de Bacterias”. Ademáis da ciencia gosto de xogar cos meus fillos Flavia e Antón, facer deporte, leer e beber cerveza cos amigos.
|