01- Ola! Somos axentes especiais da SHS!! (Sociedade Híper Secreta), eu son Cero Un
01a- E eu son Cero Unha.
01- E vimos aquí en misión especial para transmitirvos unha mensaxe urxente sobre os
Os dous- ANTIBIÓTICOS!!!
01a- Unha conquista da humanidade que estamos a botar a perder.
01- Un perigo que asoma gracias ao fortalecemento das bacterias provocado polo uso indebido dos antibióticos.
01a- Que ven sendo cando, por exemplo, este individuo de aquí non fai o que lle di  o médico!
01- E non só el! Senón que todos somos culpables. Pero para entender ben o perigo é preciso que saibamos de qué estamos a falar.
01a- Para o que primeiro imos ver a diferencia de tamaño.
01- Adiante TELETAMAÑO! Aquí podemos ver unha foto da man de “Cero Unha” , que por certo, xa podías cortar as unllas, na que distinguimos un pequeno cravo entre os dedos.
01a- Cómo che gusta dar voltas ás cousas, abrevia.
01- Vale, é se nos achegamos máis?
01a- Hai un pelo, pero aparte de ser unha guarrada , nada?
01- Parece! Acheguémonos un chisco máis!
01a- Tamén hai ácaros do polvo. Algo máis? Non?
01- Parece! Se nos achegamos máis...
01a- O polen, uuh!
01- E aínda hai máis!  Ao seu lado hai un linfocito, eses defensores do noso corpo que comen aos elementos alleos ao organismo
01a- Ao lado do linfocito pódese ver os glóbulos vermellos, os que reparten o osíxeno polo corpo e que están no teu sangue.
01- E debaixo del a levadura, sí, iso que se utiliza no pan.
01a- Vale, pero aparte de iso, nada...?
01- Parece!
01ª- Outra vez! Pesado!
01- Vale. Acheguémonos máis!
01a- Aí temos ás bacterias EscherIchia coli, a bacteria que fai que a caca cheire de ese xeito tan característico
01- Ou sexa que a caca cheire a caca
01a- Si, eso

  1. E ao outro lado os Estafilococos. Esta bacteria provoca os granitos da cara, e tamén pode provocar enfermedades como neumonía, meninxite

01a- Pero e tan pequeno que parece mentira que poda facer dano. Pero ainda hai mais non.
01- Si, pero estos pequenos xa non son bacterias (e polo tanto non se poden matar con antibióticos) son virus.
01a- Acheguémonos máis.
01- Si, aí está o virus do Ébola. Este virus e mortal para o que aínda non existe cura E perto, ainda mais pequerrecho...
01a- O rhinovirus!. O virus dos catarros.
01- Si, este non mata a ninguén. Entendestes a diferencia de tamaño? Si? E, decatáchevos que as bacterias están formados dunha sola célula? Mirade neste video cómo as bacterias crecen en tamaño para reproducirse.
 PROXECCIÓN DA BACTERIA CRECENDO
01a- E seguro que sabedes que os antibióticos curan pero, cómo? Veredes un antibiótico é un veleno que só mata bacterias. Non mata virus, e non mata ás células do corpo humano, por iso son axeitadas para tratar enfermedades causadas por bacterias.
01- Por exemplo no caso da penicilina, un tipo de antibiótico, mata a bacteria cando crece. As bacterias pequenas bolsiñas a moita presión, comas rodas dos coches ou das bicicletas. Cando están crecendo, a penicilina afrouxa a malla da roda e a presión fai que exploten PROXECCIÓN DO VIDEO DA PENICILINA
01a- E son moito máis numerosas, de feito, nos cultivos que fan no laboratorio hai máis bacterias nun tubiño de ensaio, que xente no mundo
01- Pensade ademais que de cada 10 células que temos no noso corpo, 9 son bacteria
01a- As bacterias da boca, que causan caries, as bacterias dos intestinos...
01- Realmente, cando nos poñemos enfermos é por que as bacterias multiplícanse dentro do noso corpo e as nosas defensas non son quen de dar conta de todas elas.
01a- E aí é onde entran os médicos, que nos receitan un antibiótico que temos que tomar durante uns días e a unhas horas determinadas.
01- Entón, estánse facendo máis fortes as bacterias? Non! Non se fan máis fortes senón máis resistentes.
01a- E consígueno por que as bacterias que non morren collen as resistencias directamente dos xens das súas compañeiras mortas.
01- Pero para entender mellor isto, imos explicar primeiro a...
OS DOUS- Transmisión horizontal!
01a- É a forma que teñen as bacterias de coller os xenes das outras bacterias.
01- Adiante TELEBACTERIOSIMULEITOR.
01a- Qué nome máis retorcido.
01- Aquí temos catro bacterias e en cada unha podemos ver un elemento que as distingue das demais.
01a- Unha leva bonequeiras con pinchos, outra leva 01abotas, outra leva gorra e a última leva unha porra.
01- Vexamos que é o que pasa cando non rematamos o período de toma dos antibióticos.
Disparan ruidosamente ata que morren tres das catro bacterias.
01a- Cando non rematamos co tratamento do médico, pode pasar que queda algunha bacteria viva.
01- E mirade qué é o que fai... Agora temos unha superbacteria!
01a- Ei, Ceroun, impórtache se intento matala?
01- Por favor, Cerounha.
Dispara moito máis que antes.
01a- Semella que é case imposíbel de matar, non si? Pero, cómo evitar esa multirresistencia bacteriana?
01- Pois tomando so antibióticos cando o manda o médico, os días que o médico manda por que temos que asegurarnos que están todas mortas.
01a- Claro, por que se quedan algunhas vivas pódense acostumar o antibiótico

  1. ERROR. As bacterias non se acostuman. Non. E a selección natural, si, a selección da que falaba Darwin, que selecciona as que non morren co antibiótico.

01a- A ver, a ver, eu non entendo, pero se o antibiótico mata en principio a tódalas bacterias, como e que e que de repente haxa algunhas que non morrer.
01- Por MUTACIÓN. Adiante TELEBACTERIOSIMULEITOR.
A animación flash mostra una bacteria dividíndose, 1, 2, 4, 8, 16, 32, 64... de repente aparece unha bacteria distinta.
Esto e o que pase nas poboacións de bacterias. Que as veces aparecen, como por error bacterias que son distintas. En principio non pasa nada, pero... qué pasa se esa bacteria distinta e resistente o antibiótico? a animación flash mostra a destrucción de tódalas bacterias excepto as distintas que se reproducen.
Agora tódalas bacterias son resistentes, por que eso que era distinto en realidade era lle útil a bacterias para defenderse do antibiótico.
01a- pero a ver 01, a min aínda non me queda claro por qué de repente aparece unha bacteria que e distinta.
01-Pois eche moi fácil: cando unha bacteria se divide, a información genética tense que copiar para as fillas, e claro, as veces a información copiase mal
01a- Entón estasme a dicer que unha mala copia da lugar a un novo compoñente para a bacteria
01- Efectiviwonder, agora a bacteria ten un novo compoñente co que defenderse do antibiótico. Pero... para que o entendades mellor, imos xogar o TELEFONO ESTROPEADO.
O xogo consiste en decirlle unha frase o primeiro neno da fila. Aproveitarase que os auditorios teñen, alomenos, un pasillo central para facer dous grupo. A frase será, por exemplo: “O mal amigo deixa a palla e leva o trigo”. Os rapaces terán que facer dous cousas, primeiro decirlle ao oido a frase o compañeiro que teñen o lado e despois escribila frase na parte de atrás do programa de man que levará un recuadro en branco. A frase do final vai ser diferente da do inicio, e a frase final do primeiro grupo distinta da frase final do segundo grupo. Neste punto, O1 e 01a collerán as duas frases que poderán ser, por exemplo:

Grupo 1: “o mal amigo pesca en paz no dique de abrigo”
Grupo 2: “O mal abrigo deixa en paz e leva a Vigo”.

01-Moi ben pequenos saquiños de fluidos. Agora temos que tódalas bacterias do grupo 1 van a ter a palabra amigo na sua información xenética, e o grupo2 en vez de amigo unha palabra nova “abrigo”
01a-Iso tanto ten, no?
01-POIS NON!. Imaxina que te digo que o antibiótico únese a palabra amigo
Aquí mostraríamos unha foto dunha molécula e coa animación flash mostraríamos como entraría o antibiótico
e que e así como mata a célula. Alguén pódeme dicer que pasaría se hai unha modificación, por exemplo,
Aquí mostraríamos unha foto da mesma molécula con unha modificación e o antibiótico non pode entrar
que non deixase unir o antibiótico, por exemplo ti, a ver ti, o aquel outro.
01a- Pois claro, que tódalas bacterias que leven amigo na sua información xenética morreran, en cambio as que leven abrigo, esas van a ser bacterias resistentes. Así que xa o sabedes, o grupo 1 se fórades bacterias estaríades todos mortos.
01- E moi complicado esto, pero para algunhas persoas os antibióticos son coma as aspirinas

FARSA DA VECIÑA
Nesta farsa os dous actores, agora un veciño e unha veciña, mediante o cambio de vestuario, mostran dous casos de mal uso dos antibiótico.
      - A actriz aparece vestida con bata de casa e pantuflas
      - Actor aparece vestido de adolescente.

01- Está entendido? Seguro? Ui, non sei...
01a- Buff! Eu non me fío un pelo, mira para aquel que cara plátano lle quedou. Será mellor que ilustremos esta explicación.
01- Si, será mellor, e para iso necesitamos a seis voluntarios, seis, que imos buscar agora mesmo.

Buscan aos voluntarios e lévanos a escena. XOGO
01a- Agora todos vos, pequenas E. Coli, ides a ser sometidas ao poder dos antibióticos no corpo dun neno, o médico acaba de recetarlle un antibiótico que o neno debe tomar durante CINCO días, una pastilla cada oito horas.
01- E velaí ven a acción da primeira pastilla (caen pompas) E a primeira bacteria comeza a sentirse mal...e morre, ben! Xa temos unha!
01a- Coa seguinte toma de antibiótico, morre a segunda E. Coli, despois de ese par de tumbos.
01- Tres días despois o medicamento consegue rematar coas dúas seguintes, pero...que pasa?
01a- Por qué non cae máis medicamento!?
01- Hai un problema co suministro de antibiótico, o rapaz deixou de tomalo!!
01a- E por que credes que parou? Porque pensou que xa non estaba enfermo, xa non se atopaba mal, e claro así guardaba máis antibiótico para outra vez que se atopara mal...
01- E ademáis mirade a última bacteria! Agora colle toda a resistencia que tiñan as outras.
01a- Pero vexamos que ocorre un ano despois. A bacteria volve facer das súas e mirade o que acontece cando probamos co antibiótico anterior.

  1. Resiste todos os antibióticos

Remata o XOGO

01- Vale, supoño que agora entendestes o da transmisión horizontal.
01a- Si, quén o diría. E que pasa cando unha bacteria vólvese totalmente resistente? non hai ninguén que poda parala? O corpo humano sempre ten defensas, como os linfocitos que se comen as bacterias que entran no corpo
PROXECCIÓN VIDEO MACRÓFAGO
01- O que pasa é que nalgúns casos como en xente maior, nenos moi pequenos ou xente enferma que está nos hospitais, teñen poucas defensas. E se esa xente colle unha bacteria resistente os antibióticos morrerá de seguro.
01a- Bueno, tamén pode ser que a bacteria que non se deixe comer por habelas ainas. Por exemplo a bacteria Streptococcus pneumoniae
01- Esta bacteria está cuberta de algo resbaloso, así que cando o macrófago querea comer, a bacteria lle resbala como se foxe unha pastilla de xabón.
PROXECCIÓN STREP PHAGOCYTOSIS
Se esta bacteria nos colle estamos vendidos, a nosa única solución son os antibióticos. E se estes non funcionan, a bacteria gañará e nos, morremos.
01a- Hai xente que traballa nisto. Xente que non son axentes especiais, son xente coma ti ou coma min, xente de Porriño, Carballo ou Chantada, gracias á súa curiosidade, dedicaronse a investigar ás bacterias superresistentes. Vouchos ensinar.

VIDEO CORUÑA

01- Entón, querida Cero-Unha, só nos queda unha cousa por facer, dixéronnos os da Xunta que aos nenos lles entran mellor as cousas con música...(Cambian pose, póñense rapeiros)
01a- Sí, con concionciñas ridículas con estribillos machacóns.
01- Facéndonos cantar sen que teña sentido
01a- Cantar non sei pero algo parecido.
É doado de entender
A resposta debe ser
Non, non, non hai
Non, non, non hai
Non, non, non hai
Non, non, non hai
Non hai que temer
Cando aumentan as bacterias
Non hai que facer
Tomar só media receita
Imaxina, non o fas
Aí tes á Superbacteria
Non, non, non hai
Non, non, non hai
Non, non, non hai
Non, non, non hai
Para qué tomarme máis
Se xa estou máis que curado
Se xa non me atopo mal
Por que hai que ramatalo?
Mira rapas, non me quentes
Senón queres morrer ti e máis xente,
Faime un favor sé prudente
Sempre tes que acabar o que empeces
Non, non, non hai
Non, non, non hai
Non, non, non hai
Non, non, non hai
Pero a min que máis me dá
Que resista unha bacteria
Antibiótico haberá
Que me cure da desfeita
Quizáis si
que consigas salvarte
quizáis non
teñas que lamentarte
Pero sei
que tal vez cedo ou tarde
A bacteria podería matarte
Non hai que temer
Cando aumentan as bacterias
Non hai que facer
Tomar só media receita
Imaxina, non o fas
Aí tes á Superbacteria
(BIS)
      

Nenos con esto rematamos a función. Non esquezades levar o programa de man para casa e explicarlles os vosos pais que fagan caso os médicos, que tomen os antibióticos só cando o médico o recete e que os tomen os días que fan faia.

Atras