A proposta deste ano e unha continuación mellorada da levada a cabo o ano 2008 co título: “Antibióticos: unha conquista da humanidade que estamos botando a perder”. O obxetivo e tratar conceptos como adaptación, selección natural, transmisión horizontal, mutación de xeito ameno involucrando no posible o público mediante xogos, perguntas e participación. En resumen Actuaciencia e unha obra teatral dirixida a nenos de 8 a 14 anos sobre cómo as bacterias se “volven” resistentes os antibióticos. Na primeira parte da obra se mostra o tamaño comparativo das bacterias, cómo éstas se dividen e cómo explotan polo efecto do antibiótico. Se explica a transmisión horizontal e maila mutación como mecanismos de adaptación das bacterias o antibiótico volvéndose deste xeito resistentes. Segue a representación da farsa da veciña, no que se parodia os casos de mal uso dos antibióticos. Mediante xogos se exemplifican que ocorre cando se empregan os antibióticos ben, e cando se empregan mal. Un video mostra algúns dos investigadores xóvenes galegos que traballan estudando cómo as bacterias se adaptan os antibióticos e a obra remata con un rap.
|
|
||||||